Con este
escrito quero expresar o meu recoñecemento polo seu mérito, esforzo e traballo
ós compañeir@s que dende fai mais de dous meses pintaron de azul moitas rúas e
prazas das principales ciudades de Galicia. Eso que en pouco tempo acabaría
converténdose nunha verdadeira “marea azul” e que non tiña outro
horizonte que pedir “igualdade e xustiza” para todos nós. A verdade e que
non nos foi doado, pois estivemos sempre solos, sin apoio de ningún tipo, pero
quedounos moi claro que contra a unidade non se pode facer nada. Ao igual que
moitos de vos, cheguei mais dun día a
casa só, triste e mollado despois das manifestacións, pensando que tal vez todo
o que estabamos a facer non serviría para nada; pensando que cada vez íbamos a
ser menos, que quedaríamos so catro e todo se iría o traste; pero o día
seguinte levantábame e pensaba que so me quedaba seguir loitando por aquello no
que creo e alá me iba outra vez a apoiar outra manifestación; eso dábame mais
forza ó ver que estábamos máis si cabe que o día anterior e era un soplo de oxíxeno
para seguir loitanto. So o tempo nos dará a razón e os atrancos foron moitos,
pero con compañerismo e con coraxe aquí estamos.
Decirvos que somos
e seremos durante moito tempo a envidia
de moitos outros colectivos por
formar parte dunha das folgas mais longas na administración; para min e un
honor, un orgullo como membro do voso grupo, -seguro que igual que a moitos de vos-, que me den a enhoraboa pola
calle compañeiros e veciños, na prisión, nos hospitais, na Xunta,…, pola
unidade e entereza que temos todos despois de tampo tempo loitanto contra unha administración prepotente que xa non e só
que non nos escoite, senón que ainda
porriba nos humille. Atacaron o noso “Piolín”,
eso sí, o noso de cor azul, con todo tipo de artiluxios: mínimos que non se
entenden, incrementos non liniais, machaque total nas nóminas, interpretacións subxetivas en cada
oficina do que era ou non o servicio mínimo e incluso intentando utilizar ós letrados
como “verdugos” para amenazarnos coa
apertura de expedientes disciplinarios, ¡¡ata eso chegaron!! Pero como
todos sabemos, non lles funcionou; alí donde abrían unha brecha estábamos e
estaremos todos para tapala.
Dame vergonza
pensar que temos no Goberno de España un presidente galego; tamén que a Xunta
esté gobernada por membros do mesmo partido do PP; parece que disfrutan con que
os galegos esteamos sempre na cola no disfrute dos dereitos e prestacións, pero
que non se preocupen que tomaremos ben nota delo.
Pois ben, podo
decirvos que o enxame da xustiza non a forman so as reinas, senón tamen as
obreras, esas obreras azuis que un día chegaron para demostrarlle ós
prepotentes que sin elas a xustiza non funciona neste país, que teñen tamén que
contar con nós porque somos moitos, fortes e seguiremos unidos ata o fin.
Tamén teño que
recordar a determinados colectivos que como partícipes dun deses tres poderes
do estado secuestrado pola Xunta dende o 7 de febrero, ós que lles afectaba a
folga tanto coma a nós, decidiron dende o principio ser “complices silenciosos” da nosa agonía que non daba chegado e mirar
desde a ventana para ver o que pasaba; a eses decirlles que non lles pedíamos
que nos apoiaran -non o necesitábamos- ,
que non nos deran a razón, porque estabamos e estamos seguros de que a temos; -pensó que despois de vintedous anos ignorados, traballando na xustiza só
pedimos eso: xustiza e igualdade-; só lles pedíamos alguna nota,
algún escrito que instara a mediación para que todo acabara canto antes, ¡¡e
nin eso fixeron!!. Preferiron estar escondidos como ratas de alcantarilla
esperando a ver pasar os días e meses, sacando o final e cando todo o pescado está
xa casi vendido e o todo o mal causado, unha nota que foi moi ben contestada
por alguna compañeria fai uns días coa expresión de “¡¡tarde piaron!!”, e con moita razón.
Tampouco non
me poido olvidar do “bulldog” co que
contou e conta esa administración “dialongante
e conciliadora” para despretixiarnos e humillarnos: a prensa. Esa prensa a
que cada ano lle dan unha pila de miles de euros xustificados como “publicidade institucional” para que
fale ben deles e que día a día lles faga un lavado de cara que boa falta lles
fai. Pese a que toda información debe ser clara, veraz e, sobre todo,
obxetiva como sabemos os que tivemos a sorte de estudiar dereito, se fixo
todo o contrario: tergiversarsala e retorcela ata a saciedade para manipular a
opinión dos cidadáns sempre en contra nosa (que
nos van subir un 14% cando os xubilados lles subiron so un 0`25, que a suba era
de 300 euros por funcionario, que os cartos veñen dos galegos, …). Penso
que a ninguén convenceron pois a maioría da xente, e sobre todo despois de
haber visto o Sr. Feijoo no programa de “Salvados”,
sabe perfectamente a capacidade que teñen para mentir.
Teño que
mencionar tamén ós nosos representantes sindicais e ó comité de folga, a eses
que sin eles esta loita non existiría. A eses que con pancartas e magáfonos
acabaron incluso afónicos de tanto berrar. A eses que tanto tempo e viaxes lles
dedicaron a este conflicto. Pese a algún percance puntual que surxiu o longo do
tempo, pois case todos eramos e somos aprendices neste tipo de batallas, darvos
as grazas por estar e seguir unidos, transmitindo esa unidade ó colectivo e ata
que todo remate a poder ser cun final feliz para todos.
Por último
tamén debo recordar a eses que só se saben aproveitar daquelo polo que outros
loitaron; a eses que á hora dos recontos baixaban a cabeza; a eses que lles
gusta encontralo todo feito e gratis; a eses decirlles que os membros desa “marea azul” que recorreu as calles e
plazas de Galicia utilizando como únicas armas unha camiseta azul e o brazo
levantado pedindo xustiza e igualdade, que renunciaron ós seus dereitos e ao
seu soldo para conseguilos obxectivos, todo o pediron tamén para eles; pensó
que deberían ler algún libro de historia para recordar que se non fora polo esforzo,
loita e sacrificio que fixeron no século pasado os seus pais, avós e bisavós –por certo, nunhas condicións moito mais difíciles cas nosas- seguramente hoxe
non poderían disfrutar dun salario digno, vacacións, pagas
extra, etc., e que tal vez estarían traballando
doce ou quince horas o día como en Bangladesh.
Para rematar
decirvos que na vida non so hai que pensar nos cartos; hai outras moitas cousas,
despois da saúde, que son incluso mais importantes: a dignidade e o orgullo
como persoas, a amizade, o compañerismo, a unidade que nos tivo e nos ten
unidos dende o principio valen moito mais. Hai cousas que só pasan unha vez na
vida e logo non vale arrepentirse por non haber participado nelas; esa loita
vai quedar para sempre grabada nos nosos corazóns e por eso digo que algúns non
saben o que se perderon. Quédanos aínda por celebrar o fin do conflicto, os
abrazos, a firma das camisetas e todo aquello que entre todos acordemos e do
que sí que estou seguro que nunca, nunca, nunca nos vamos olvidar.
Un forte
abrazo a todos.