jueves, 19 de abril de 2018

72 dias: o día despois do declive de Alfonso Rueda


O declive de Alfonso Rueda é un feito. A actuación casi esperpéntica de onte así o define. Non baixou en ningún momento ás negociacións, pero considérase capaz de dar unha rolda de prensa "indignado". O comité de folga flexibiliza a súa oferta para acabar o conflito  con unha cláusula de revisión que debe ser estudiada dado que conleva cálculos numéricos e ¿qué fan os/as "negociadores/as" da Xunta? .....¿pedir un receso para estudala? ¿convocar para o día seguinte ó comité de folga? ¿comentala "in situ" entre eles? non, non e non. O que fan e levantarse e abandonar  a mesa. A irresponsabilidade da Xunta é un dato contratado e contrastable, non é unha valoración subxectiva.

ASEMBLEA EN VIGO


ASEMBLEA EN OURENSE





ASEMBLEA EN LUGO



ASEMBLEA EN FERROL



ASEMBLEA EN SANTIAGO





TITULARES DE PRENSA 19/04/2018






O COMITÉ DE FOLGA INFORMA


A Xunta de Galicia aínda non foi capaz de solucionar o conflito da Xustiza

Hoxe celebraranse asembleas en todas as cidades de Galicia onde se explicará ó persoal de xustiza os pormenores do acontecido onte.
Amanecemos cos seguintes titulares de prensa:





miércoles, 18 de abril de 2018

71 DÍAS DE FOLGA


CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE MARIN CON XENTE DE PONTEVEDRA



CONCENTRACIÓN NA CORUÑA DE APOIO AO COMITÉ DE FOLGA
PITADA A FEIJÓO NA SEDE DO PROGRESO EN LUGO



Últimos chamamentos de interinos

No día de hoxe saíron publicados no OPAX chamamentos de persoal interino para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

-Xulgado Primeira Instancia nº 11 A Coruña
   Corpo de Tramitación
-Fiscalía Provincial A Coruña
   Corpo de Tramitación
-Fiscalía Provincial A Coruña
   Corpo de Tramitación
-Xulgado mixto nº 2 Betanzos
   Corpo de Auxilio
-Xulgado Social nº 5 A Coruña
   Corpo de Auxilio

OURENSE

-Xulgado Mixto nº 2 O Barco de Valdeorras
   Corpo de Xestión
-Xulgado mixto nº 1 Xinzo de Limia
   Corpo de Auxilio

PONTEVEDRA

-Xulgado mixto nº 1 de Caldas de Reis
   Corpo de Xestión
-Xulgado Conte-Adtvo. nº 1 Vigo
   Corpo de Xestión
-Xulgado mixto nº 1 O Porriño
   Corpo de Xestión
-Xulgado Primeira Instancia nº 15 Vigo
   Corpo de Tramitación
-Xulgado Primeira Instancia nº 5 Vigo
   Corpo de Tramitación
-Xulgado Primeira Instancia nº 3 Vigo
   Corpo de Tramitación
-Xulgado Primeira Instancia nº 12 Vigo
   Corpo de Tramitación
-Xulgado mixto nº 1 Redondela
   Corpo de Tramitación
-Fiscalía Provincial Pontevedra
   Corpo de Auxilio
-Xulgado mixto nº 4 Cambados
   Corpo de Auxilio
-Xulgado mixto nº 1 Cambados
   Corpo de Auxilio

OPE 2016: Xestión T.Libre. Inclusións nas listas definitivas de admitidos e excluídos

Na páxina Web do Ministerio publícase a seguinte nota:

Recibidos escritos de corrección formulados ás listas provisionais de admitidos e excluídos para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, acceso libre, os cales foron remitidos en tempo e forma polos interesados, pero tiveron entrada neste Ministerio de Xustiza unha vez publicada a relación definitiva de admitidos e excluídos ao citado proceso selectivo, publícase Anexo coas inclusións e correccións ás citadas listas definitivas.

Carta dun compañeiro: "somos moitos, fortes e seguiremos unidos ata o fin"


Con este escrito quero expresar o meu recoñecemento polo seu mérito, esforzo e traballo ós compañeir@s que dende fai mais de dous meses pintaron de azul moitas rúas e prazas das principales ciudades de Galicia. Eso que en pouco tempo acabaría converténdose  nunha verdadeira “marea azul” e que non tiña outro horizonte que pedir “igualdade e xustiza” para todos nós. A verdade e que non nos foi doado, pois estivemos sempre solos, sin apoio de ningún tipo, pero quedounos moi claro que contra a unidade non se pode facer nada. Ao igual que moitos de vos, cheguei mais dun día  a casa só, triste e mollado despois das manifestacións, pensando que tal vez todo o que estabamos a facer non serviría para nada; pensando que cada vez íbamos a ser menos, que quedaríamos so catro e todo se iría o traste; pero o día seguinte levantábame e pensaba que so me quedaba seguir loitando por aquello no que creo e alá me iba outra vez a apoiar outra manifestación; eso dábame mais forza ó ver que estábamos máis si cabe que o día anterior e era un soplo de oxíxeno para seguir loitanto. So o tempo nos dará a razón e os atrancos foron moitos, pero con compañerismo e con coraxe aquí estamos.
Decirvos que somos  e seremos durante moito tempo a envidia de moitos outros colectivos  por formar parte dunha das folgas mais longas na administración; para min e un honor, un orgullo como membro do voso grupo, -seguro que igual que a moitos de vos-, que me den a enhoraboa pola calle compañeiros e veciños, na prisión, nos hospitais, na Xunta,…, pola unidade e entereza que temos todos despois de tampo tempo loitanto contra  unha administración prepotente que xa non e só que non nos  escoite, senón que ainda porriba nos humille. Atacaron o noso “Piolín”, eso sí, o noso de cor azul, con todo tipo de artiluxios: mínimos que non se entenden, incrementos non liniais,  machaque total nas  nóminas, interpretacións subxetivas en cada oficina do que era ou non o servicio mínimo e incluso intentando utilizar ós letrados como “verdugos” para amenazarnos coa apertura de expedientes disciplinarios, ¡¡ata eso chegaron!! Pero como todos sabemos, non lles funcionou; alí donde abrían unha brecha estábamos e estaremos todos para tapala.
Dame vergonza pensar que temos no Goberno de España un presidente galego; tamén que a Xunta esté gobernada por membros do mesmo partido do PP; parece que disfrutan con que os galegos esteamos sempre na cola no disfrute dos dereitos e prestacións, pero que non se preocupen que tomaremos ben nota delo.
Pois ben, podo decirvos que o enxame da xustiza non a forman so as reinas, senón tamen as obreras, esas obreras azuis que un día chegaron para demostrarlle ós prepotentes que sin elas a xustiza non funciona neste país, que teñen tamén que contar con nós porque somos moitos, fortes e seguiremos unidos ata o fin.
Tamén teño que recordar a determinados colectivos que como partícipes dun deses tres poderes do estado secuestrado pola Xunta dende o 7 de febrero, ós que lles afectaba a folga tanto coma a nós, decidiron dende o principio ser “complices silenciosos” da nosa agonía que non daba chegado e mirar desde a ventana para ver o que pasaba; a eses decirlles que non lles pedíamos que nos apoiaran -non o necesitábamos- , que non nos deran a razón, porque estabamos e estamos seguros de que a temos; -pensó que despois de vintedous anos ignorados, traballando na xustiza só pedimos eso: xustiza e igualdade-; só lles pedíamos alguna nota, algún escrito que instara a mediación para que todo acabara canto antes, ¡¡e nin eso fixeron!!. Preferiron estar escondidos como ratas de alcantarilla esperando a ver pasar os días e meses, sacando o final e cando todo o pescado   está xa casi vendido e o todo o mal causado, unha nota que foi moi ben contestada por alguna compañeria fai uns días coa expresión de “¡¡tarde piaron!!”, e con moita razón.
Tampouco non me poido olvidar do “bulldog” co que contou e conta esa administración “dialongante e conciliadora” para despretixiarnos e humillarnos: a prensa. Esa prensa a que cada ano lle dan unha pila de miles de euros xustificados como “publicidade institucional” para que fale ben deles e que día a día lles faga un lavado de cara que boa falta lles fai. Pese a que toda información debe ser clara, veraz e, sobre todo, obxetiva como sabemos os que tivemos a sorte de estudiar dereito, se fixo todo o contrario: tergiversarsala e retorcela ata a saciedade para manipular a opinión dos cidadáns sempre en contra nosa (que nos van subir un 14% cando os xubilados lles subiron so un 0`25, que a suba era de 300 euros por funcionario, que os cartos veñen dos galegos, …). Penso que a ninguén convenceron pois a maioría da xente, e sobre todo despois de haber visto o Sr. Feijoo no programa de “Salvados”, sabe perfectamente a capacidade que teñen para mentir.
Teño que mencionar tamén ós nosos representantes sindicais e ó comité de folga, a eses que sin eles esta loita non existiría. A eses que con pancartas e magáfonos acabaron incluso afónicos de tanto berrar. A eses que tanto tempo e viaxes lles dedicaron a este conflicto. Pese a algún percance puntual que surxiu o longo do tempo, pois case todos eramos e somos aprendices neste tipo de batallas, darvos as grazas por estar e seguir unidos, transmitindo esa unidade ó colectivo e ata que todo remate a poder ser cun final feliz para todos.
Por último tamén debo recordar a eses que só se saben aproveitar daquelo polo que outros loitaron; a eses que á hora dos recontos baixaban a cabeza; a eses que lles gusta encontralo todo feito e gratis; a eses decirlles que os membros desa “marea azul” que recorreu as calles e plazas de Galicia utilizando como únicas armas unha camiseta azul e o brazo levantado pedindo xustiza e igualdade, que renunciaron ós seus dereitos e ao seu soldo para conseguilos obxectivos, todo o pediron tamén para eles; pensó que deberían ler algún libro de historia para recordar que se non fora polo esforzo, loita e sacrificio que fixeron no século pasado os seus pais, avós e bisavós –por certo, nunhas condicións moito mais difíciles cas nosas- seguramente hoxe non  poderían  disfrutar dun salario digno, vacacións, pagas extra, etc.,  e que tal vez estarían traballando doce ou quince horas o día como en Bangladesh.
Para rematar decirvos que na vida non so hai que pensar nos cartos; hai outras moitas cousas, despois da saúde, que son incluso mais importantes: a dignidade e o orgullo como persoas, a amizade, o compañerismo, a unidade que nos tivo e nos ten unidos dende o principio valen moito mais. Hai cousas que só pasan unha vez na vida e logo non vale arrepentirse por non haber participado nelas; esa loita vai quedar para sempre grabada nos nosos corazóns e por eso digo que algúns non saben o que se perderon. Quédanos aínda por celebrar o fin do conflicto, os abrazos, a firma das camisetas e todo aquello que entre todos acordemos e do que sí que estou seguro que nunca, nunca, nunca nos vamos olvidar.
Un forte abrazo a todos.

martes, 17 de abril de 2018

70 DÍAS: a coraxe e o ánimo deste colectivo son incuestionables

Son 70 días de folga e quedan folgos de sobra para días tan intensos coma o de hoxe: asembleas do Comité de folga en Ourense e Lugo, concentración en Vigo, acto simbólico de queima de nóminas en A Coruña e pitada a Rueda no edificio da Xunta en Vigo. Inquebrantable o noso ánimo e con esta forza iremos mañá a negociar.


PRENSA 17/04/2018







ASEMBLEA EN OURENSE






QUEIMA DE NÓMINAS EN A CORUÑA






ASEMBLEA EN LUGO







CONCENTRACIÓN EN LUGO 





CONCENTRACIÓN EN VIGO



O PERSOAL DE XUSTIZA RECIBE A RUEDA NO EDIFICIO DA XUNTA EN VIGO