jueves, 10 de mayo de 2018

O PP quedase solo no Parlamento.

BNG e En Marea acusan o Partido Popular de tentar "criminalizar" o paro e o PSOE denuncia "falta de interese" en solucionar o conflito.

Todos os grupos da oposición coincidiron ao censurar que a "primeira iniciativa" que o PPdeG leva á Cámara "en catro meses" sobre o conflito na Xustiza non inclúa ningunha proposta de solución.
En primeiro lugar, Luís Bará (BNG) acusou ao PP de "manipular e mentir" con "absoluto descaro". Así, asegurou que son os traballadores os que teñen o dereito a decidir se o acordo cumpre as súas reivindicacións. "Non conseguiron gañar a votación e por iso agora teñen este espírito de vinganza", sinalou antes de responsabilizar o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que "o conflito aínda non estea solucionado".
Pola súa banda, a socialista Patricia Vilán afeou aos populares que "non presentasen nin unha soa iniciativa relativa ao conflito na Cámara" a pesar de ter a capacidade de presentar proposicións non de lei de carácter urxente. "Demostran que non lles interesa nin o conflito nin a xustiza", incidiu.
Despois dela, Carmen Santos (En Marea) censurou que o Goberno galego estea "máis preocupado" de "terxiversar os motivos da folga" e "criminalizar" para tapar o fracaso de Alfonso Rueda, que de "solucionar o conflito". "Vostedes tentan responsabilizar aos que loitan polos dereitos laborais. Deberían tomar conciencia de que unha administración se non funciona supón un dano para toda a cidadanía", apuntou.
Fonte: galiciaconfidencial.com