Publicáronse novos avisos de desocupación de postos
que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con
data do 15 de maio de 2018.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora,
poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos
xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente
servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro
de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na
norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos
de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme o anexo II bis dispoñible nos modelos do
correspondente apartado dedicado ás substitucións entre titulares. No caso de
que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en
conta, de lle corresponder máis dunha das prazas, será a recollida na
solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación