viernes, 17 de noviembre de 2017

Concentracións en toda Galicia, éxito de afluencia de compañeir@s que "din non a discriminación".

Os sete sindicatos con representación na Administración  de Xustiza en Galicia saíron á rúa este xoves ante os dous edificios xudiciais principais da cidade de Pontevedra, A Parda e a Audiencia Provincial, para facer públicas as súas reivindicacións laborais e salariais e pedir á Xunta de Galicia "que se negocie" para responder as súas reclamacións.
En total secundaron as protestas máis do 75% dos funcionarios afectados polas situacións denunciadas, todos excepto xuíces, fiscais e secretarios xudiciais.

En nome de todos os sindicatos tomou a palabra Enrique Araujo Martinez, secretario xeral territorial do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza, que insistiu na"unidade sindical" de SPJ-USO, CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO nesta polémica e lembrou que a concentración deste xoves é a primeira dun calendario de mobilizacións que inclúe dúas xornadas de folga os días 1 e 13 de decembro e unha folga indefinida a partir da última semana de xaneiro.

Araujo mantén que ata o mometo o director xeral de Xustiza da Xunta "o único que fixo foi darnos desculpas de mal pagador para non entrar en ningún tipo de negociación" e "botou balóns fose ao dicir que moitas das reivindicacións corresponden ao Ministerio de Xustiza". A estas afirmacións, respóndelle que "é unha mentira grande", pois todas as súas peticións afectan a competencias que ten transferidas a Xunta de Galicia e "tenas que arranxar".

Ver noticia e video en pontevedraviva.com
Ver farodevigo.es
Ver noticia en ferrol360.es
Ver notica en elprogreso.es
ver noticia en la voz de galicia.es
xulgados de Pontevedra
Xulgados e Audiencia A Coruña
xulgados de Ourense
xulgados de Santiago
Tribunal Superior de Xustiza A Coruña
xulgados de Lugo

Audiencia Pontevedra





xulgados de Vigo





xulgados de Ferrol