martes, 17 de octubre de 2017

Curso Superior de Administración Electrónica, convocado pola EGAP

A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca un curso superior de Administración electrónica que comezará o  30 de outubro.

Modalidade: mixta
Prazas: 50
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Datas: desde o 30 de outubro ata o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG)
Duración: 114 horas lectivas (30 presenciais e 84 en teleformación)
Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Matrícula: dende as 8 horas do 14 de outubro ata as 23 horas do 24 de outubro

Ligazón ficha do curso:
http://egap.xunta.gal