lunes, 16 de octubre de 2017

Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Despois de tres escritos de STAJ pedindo que se reunise o Comité, despois de meses de retraso con respeto ao que marca a Lei, o Comité debe reinirse cada tres meses, desposi de que a Administración imcumplise gran parte do aordado no anterior Comite, recibimos este mail da Dirección Xeral de Xustiza:


CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE XUSTIZA

Día: 18.10.2017
Hora: 10.00  h
Lugar: dependencias da EGAP, aula núm. 1 - Colmeiro (planta baixa)

ORDE DO DÍA:
1.      Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2.      Aprobación do Regulamento do Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza.
3.      Propostas en relación coa programación anual en prevención de riscos laborais para o 2018.
4.      Propostas formativas en materia de prevención de riscos laborais para o 2018.
5.       Información respecto das:
·         avaliacións de riscos realizadas nos edificios xudiciais (de febreiro a outubro 2017)
·         plans de emerxencia e evacuación de edificios (de febreiro a outubro 2017)
·         adaptación de postos e adscricións provisionais por motivos de saúde (de febreiro a outubro 2017)
·         informe de sinistralidade 2017
6.       Información respecto das avaliacións específicas das Salas de Autopsias do Imelga.
7.       Información respecto do estado das obras ou actuacións en edificios xudiciais.
8.       Rolda de intervencións.


Achégase ao presente este correo, toda vez que algunha OOSS manifestou non ter conservado a citada documentación, os listados entregados no Comité de Seguridade e Saúde do 21.10.2016 (relación das avaliacións de riscos realizadas nos edificios xudiciais, plans de emerxencia e evacuación de edificios, adaptación de postos e adscricións provisionais por motivos de saúde e informe de sinistralidade 2016) e do celebrado o pasado 27.02.17 (relación das avaliacións de riscos realizadas nos edificios xudiciais, plans de emerxencia e evacuación de edificios, adaptación de postos e adscricións provisionais por motivos de saúde).