miércoles, 18 de octubre de 2017

Avaliación de Riscos de Carácter Preventivo no edificio da Audiencia Provincial da Coruña (antigua fábrica de tabacos)

No día de onte, o delegado de STAJ na provincia da coruña, presentou  un novo escrito -VER ESCRITO- reiterando o xa presentado no mes de xulio -VER O ESCRITO- solicitando novamente a URXENTE revisión das losetas do falso teito do edificio da nova Audiencia Provincial (en tabacos) -entre outras cousas-, pois nunha nova visita do delegado de STAJ á Audiencia, constatouse que novamente volveran caer losetas do teito,  polo que  solicitamos URXENTEMENTE no día de onte ás 11:34 da mañán que fosen revisadas de forma urxente  as referidas losetas, ademáis dos aseos que siguen sen arranxar, entre outras cousas.

Pois ven, ese mesmo día ás 14:53, recibimos o seguinte correo electrónico:

Comunicámoslle que ao abeiro do artigo 36.2 a) da Lei de prevención de riscos laborais e do Anexo II da Orde de 25 de marzo de 2009, poderán acompañar ao persoal técnico nas avaliacións de riscos de carácter preventivo do medio ambiente de traballo que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais realizará nos centros que a continuación se indican:

·         Audiencia Provincial da Coruña:

Enderezo: Rúa Cigarreiras, 1, 15006, A Coruña (Fábrica de Tabacos)
Data e hora: 24 de outubro de 2017, 10.00 horas

·         Edificio xudicial da Coruña (antigo edificio da Audiencia Provincial):

Enderezo: Rúa Capitán Juan Varela, s/n, 15071, A Coruña
Data e hora: 27 de outubro de 2017, 10.00 horas