miércoles, 9 de agosto de 2017

STAJ presenta denuncia na inspección de traballo ante a situación caotica de Instancia 5 de Pontevedra

A situación do Xulgado de Instancia número 5 de Pontevedra é intolerable, esgotado o espazo con que contaba no arquivo xeral ( donde se arquivan as causas de xeito definitiva)e tamen esgotado o espazo do seu arquivo provional ( aquí arquivanse os expedientes que están en tramite), os funcionaros acuciados por esa falta de espazo e polo desinterés da Conselleria de Xustiza de solucionar este problema , vense obrigados a facer da oficina xudicial un arquivo, donde se depositan moreas de arquivadores na parte de arriba dos armarios, debaixo das mesas de traballo dos propios empregados públicos, nos espazos que existen entre mesas, donde solo queda un reducido pasillo para que os funcionarios poidan pasar o seu posto de traballo, detrás das portas de entrada a oficina xudicial, nos espazos sobrantes que están  habilitados para impresoras e fotocopiadoras e incluso no chan como pode verse nas fotos. Non queda mais sitio que un pasillo estreito ao longo da oficina, que permite a circulación a unha persoa ben nunha ou outra dirección, imposibilitando que duas persoas poidan pasar a vez polo estreito pasillo.

Esto situación e coñecida de fai tempo pola Administración, que non fixo nada para darle solución a estas circunstancias, que ademáis de ser tercermundista inciden negativamente na saúde do persoal que ali presta servizo, que traballan estresados entre arquivadores e encaixonados nun espazo reducidísimo por causa dos expedientes amoreados no seu redor. 

Debemos lembrar que este xulgado e o que leva de xeito exclusivo en Pontevedra os expedientes relativos o dereito de familia( divorcios, separacións, problemas de herencia, adopcións, filacións, acollementos, relacións paterno-filiais, etc.) materias que esixen que se recollan multiutude de declaracións e intervencións , en persona, dos interesados e partes nos expedientes, e que supón un trasegó constante e abundante de persoas que deben pasar por esas dependencias, dondose constantemente casos de atasco pola falta de espazo e polo estreito pasillo que hay na oficina.

Por eso este Sindicato, tal como anunciamos o pasdo venres, presentou o pasado luns unha denuncia ante a inspección provincial de traballo co gallo de que se obrigue a Conselleria de Xustiza arranxar de xeito rápido e definiftivo este problema.