lunes, 31 de julio de 2017

Nova versión de LexNET

Acabamos de recibir o seguinte correo electrónico por parte do Ministerio de Xustiza en relación aos fallos xerados  a semana pasada no sistema telemático LexNET.

Este fin de semana instalouse unha nova versión de LexNET. Isto fai que a primeira vez que se entre o sistema vaia un pouco máis lento, porque se descarga a nova versión automaticamente. Isto é só a primeira vez.

Ademais se a alguén lle da problemas é necesario que se limpe o caché do navegador pulsando simultaneamente CTRL-F5.

É importante que esta información teña difusión  para que se coñezan as causas desta lentitude no primeiro acceso ao sistema que se efectúe.