viernes, 21 de abril de 2017

Comparecencia do Comité de Seguridade e Saúde ante a Inspección de traballo

O pasado día 19 deste mes, comparecemos ante a Inspección de Traballo os membros do Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza en cumprimento da citación que foi feita a consecuencia da denuncia presentada por STAJ ante a negativa do referido Comité á realización dunha avaliación de riscos psicosociais no Xulgado Mixto nº 1 de Ordes e no Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela co seguinte resultado: 

a) XULGADO MIXTO nº 1 DE ORDES:  Tras a toma de posesión da LAJ titular en datas moi recentes, decídese esperar un tempo prudencial para ver o resultado da xestión que como "Xefa de persoal" realice nese Xulgado.

b) XULGADO DE INSTRUCCION Nº 3 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: o entender que do mesmo podería pender unha elevada carga de traballo que loxicamente pode constituír  un factor  determinante para a produción de comportamentos non desexados,  a Inspección de Traballo propuxo que se nomease unha  "comisión" integrada por 3 persoas (un representante da Admon. un Delegado de Prevención e un membro do servizo de prevención de riscos) para que realicen unha información previa presentando un cuestionario aos traballadores do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela que, deberá cumprimentarse de forma voluntaria e anónima, e co seu resultado (que deberá presentarse ante a Inspección de Traballo no prazo máximo de dous meses), decidirase sobre a realización da avaliación de riscos psicosociais solicitada por STAJ.

No intérvalo temporal da presentación da denuncia  por STAJ que motivo a comparecencia arriba indicada, produciuse un feito que este sindicato estima de extrema gravidade polas consecuencias non desexadas tanto para os traballadores do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela como para a "esencia" da iniciativa sindical en materia de prevención,  o que motivou a presentación da correspondente queixa e ampliación de denuncia ante a autoridade laboral cuxo contido podedes coñecer nas seguintes ligazóns: 
escrito queja al comite
AMPLIACION DE DENUNCIA 7 DE ABIRL DE 2017