Fai pouco mais dun ano que se consolidaron os reforzos que levaban moito
tempo a traballar nas Fiscalías de Galicia,cando se crearon esas novas prazas e
se cubriron por persoal funcionario titular, nas Fiscalias de toda Galicia, era xa necesario ampliar de novo a súas
plantillas, pois os reforzos consolidados xa non eran suficientes para
afrontar, de maneira eficiente e rápida, a carga de traballo que soportan estas
oficinas fiscais.
É urxente a dotación de máis persoal nas
Sección Civís, que son as máis atascadas, e dentro destas as areas de
Incapacidades as que máis, pero necesitase tamén persoal para a Sección Penal e
para a Fiscalía de Menores, donde o aumento da entrada de asuntos fai
imposible levar ó dia os expedientes, e donde os funcionarios se ven
sobrepasados pese o seu esforzo diario.
Cremos que
este déficit de persoal é de carácter estructural, que se vai a necesitar máis
persoal sempre, non só nun momento determinado ou durante un periodo de tempo
Debemos ter en
conta que no Decreto que regula o Nova Oficina Fiscal en Galicia, Decreto que
foi elaborado por esa Dirección Xeral, se considera como ideal, para un mellor
funcionamento das Fiscalías, a ratio de un funcionario/ un fiscal, ratio que en
ningunha Fiscalía se cumple e que consideramos na actualidade insuficiente,
debendo aumentarse esa ratio polo menos no 20%.
Insistimos no
carácter estructural da falta de persoal, e non nos conformamos con que se
nombren reforzos durante un periodo de tempo, que tal como se vai regular na
nova normativa de interinos non podrían durar máis de tres anos, por iso
consideramos que se deben de crear prazas que aumenten a plantilla das Fiscalias.
Lembremos a promesa do Director Xeral de Xustiza cando con motivo da
amortización de 106 prazas en determinados Xulgados de Paz, nas Audiencias
Provinciais, e noutros órganos xudiciais de Galicia, dixo que esas prazas amortizadas non se perderían e que se crearián
outras tantas noutros órganos e oficinas xudiciais de Galicia, e sobre todo nas Fiscalías.
O chamamento de reforzos non soluciona de
xeito definitivo o problema, ainda que podíamolo aceptalo provisionalmente si o
proceso de creación de novas prazas se demorase máis aló da convocatoria do
concurso de traslado deste ano, pero unha vez rematado o
proceso de creación débense cubrir por funcionarios titulares de xeito
definitivo.
Problema particular
é o que están a sufrir na fiscalía de Santiago, por contar nada máis que cunha
persoa do Corpo de Auxilio, persoa que de ordinario non pode asumir o traballo
que se xenera nesa oficina, e que se agrava cando esta persoa colle vacacións e
outros permisos e licencias.
Tamén na Coruña, dentro de pouco vaise
producir unha situación difícil de
solucionar non sendo co nombramento de máis persoal de Auxilio, refírome en
concreto ao traslado diario de expedientes entre a nova ubicacion da Fiscalia
Provincial na Fabrica de Tabacos, e a sede dos Xulgados de Instrucción e do
Penal, -que aínda que se contratase unha empresa para levar expedientes dun
lado a outro-, sempre haberá que ter en conta a extrema urxencia con que se
deben trasladar determinados expedientes, como causas con
preso, violencia de xénero, etc.
Por todo o anterior, STAJ solicitou da Dirección Xeral de Xustiza que de xeito urxente se aumenten a plantilla da Fiscalía
de Pontevedra, a de Vigo e a de A Coruña en 3 funcionarios, a de Santiago,
Ferrol e Ourense en dos e a de Lugo nun funcionario , todos do Corpo de
Tramitación, por tratarse dun déficit de persoal de carácter estructural, e
polo tanto se creen tres prazas do Corpo de Tramitación para que se poidan
ofrecer non concurso de traslados deste ano, e mentras non se resolve o concurso se cubran por
titulares mediante Comision de Servicio ou Substitución
Ademàis para na Fiscalia de Santiago se amplie a sua plantilla nunha praza
do Corpo de Auxilio, pois solo conta cunha praza desta natureza, sendo a todas
luces insuficiente.
Tamén
débese dotar á Fiscalia Provincial de A Coruña de duas persoas máis do Corpo de
Auxilio, - a maiores dos tramitadores- para, no seu caso, o traslado de
expedientes diario entre a nova sede da Fiscalía e os Xulgados de Instrucción e
do Penal.
Sí o tramite pertinente para a creación desas prazas, se alongase mais alo
da convocatoria do concurso de traslado, SOLICITAMOS que de xeito provisional
se nombren reforzos, ata que se creen esa prazas e se cubran de maneira
definitiva por persoal titular.
Ver escrito presentado e sellado