jueves, 16 de marzo de 2017

Cursos EGAP 2017 para funcionarios de Xustiza

Hoxe publícase no DOG  o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 destinado ó persoal de Xustiza da CCAA Galega;

Podrán participar:

- Os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.

- Os membros das bolsas de interinos.

-Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

- Prazo:será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

- O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.