miércoles, 22 de febrero de 2017

Pedimos a colaboración da Defensora del Pueblo para rematar co alto interinaxe na Admón de Xustiza.

A semana pasada STAJ presentou unha carta á Defensora do Pobo, tras manter unha reunión con ela, emprazándolle para que colabore connosco en poder solucionar a problemática existente, en relación ao alto índice de interinos na Administración de Xustiza. 

En Galicia no temos apenas prazas vacantes e os interinos ocupan prazas, nas que o titular esta ausente temporalmente por diversos motivos, pero hay territorios donde as prazas vacantes alcanzan o 65% en algún dos Corpos da Administración de Xustiza, como en Cataluña o Corpo de Auxilio.

O problema é de enormes dimensións en CC.AA. como Madrid e Cataluña, sen esquecer as illas tanto Baleares como Canarias, onde a porcentaxe do interinidade supera o 40% do total do persoal. Estamos a falar solo dos interinos que están a ocupar  prazas vacantes, sen contar os que están a acupar prazas pola ausencia temporal do seu titular. 

As consecuencias para os funcionarios de carreira son que se nos limitou o dereito para promocionar, xa que durante moitos anos non se convocaron oposicións, alegando os diferentes CC.AA. que non había prazas vacantes. Así mesmo cremos que o colectivo de interinos (tan amplo actualmente) tamén se vería beneficiado ao darlle a oportunidade de presentarse á OPE.

Respecto dos reforzos e coas recentes sentenzas que todos coñecemos, temos que tomar medidas urxentes e non permitir que poidan nomealos en prazas vacantes (recoñecendo abertamente o carácter estrutural), e non conxuntural ou eventual, que é como debería de ser.

Así mesmo pedimos que non se manteña ningún reforzo máis de 3 anos, para que non entre en xogo a picaresca de poder reclamar a praza ou a indemnización correspondente pasado devandito período.