miércoles, 22 de febrero de 2017

GALICIA: NOVA ORDE DE INTERINOS.

O venres pasado a DXX nos pasou un novo borrador que recolle  algunhas das alegacións que fixemos os sindicatos a aquel borrador primeiro, e o mesmo tempo nos convocou a unha nova reunión que tivo lugar onte, donde os sindicatos volvemos  a facer  alegacións o contido do novo borrador.
Facemos agora un resumo das modificaacións, que contén este novo borrador, e o final expoñémosvos as novas alegacións que fixemos onte na reunión coa DXX.

                 NOVO BORRADOR QUE NOS PASOU A DXX O VENRES

Pasámosvos  resumir os puntos máis importantes que a Xunta modificou en relación ao primeiro borrador facilitado pola DXX na primeira mesa técnica que tivemos en xaneiro do presente ano
Figura STAJ naquelas alegacións que  fixemos e que están recollidas neste novo borrador.

-Volven aparecer as porcentaxes que regulan o número de integrantes para cada corpo e que a Xunta quería soamente reflectir na convocatoria. STAJ
-En relación á prórroga da bolsa segue a figurar sen prazo maximo.
-Elimínase a posibilidade de incorporación inmediata á bolsa dá xente que aprobé todolos examens da oposición sen praza e en calquera momento da vixencia das bolsas, a que aumentaría as bolsas de maneira desorbitada. SOLO STAJ PEDIU A SÚA RETIRADA
Probas de acceso: Aumenta a puntuación por superación de exercicios nas últimas oposicións. A puntuación máxima pasa de 20 a 28 puntos.
Por servizos prestados: Aumenta a puntuación máxima de 21 a 30 puntos.STAJ
Lingua galega: Aumenta a puntuación máxima de 2 a 4 puntos.
-Certificado Celga 4 ou equivalente: 1 punto.
-Certificado linguaxe xurídica nivel medio: 2 puntos.
-Certificado linguaxe xurídica superior: 4 puntos.
Formación complementaria: Os cursos de informática pasan a valorarse no apartado de formación continua, valorando unicamente no apartado de informática os títulos universitarios desta materia.
Introdúcese o límite de 5 anos de antigüidade para valorar os cursos.
Titulación académica: Baixa a 8 a puntuación máxima. Antes 10.
A licenciatura en dereito queda en 6 puntos para tódolos Corpos, baixa 1 punto.
O resto de titulacións do apartado b quedan en 2, baixan tamén un punto para os tres Corpos.
-Seguimos reivindicando que vos que esten nas bolsas de letrados dá Administración de Xustiza non poidan estar en ningunha destas bolsas de Xustiza. SOLO O PEDIU STAJ.
- Engaden que o curso teorico se poida suspender unha vez para poder facer otra proba, os que non  pasen esta segunda sairían da bolsa.
-Engaden que as persoas en situación de suspensión temporal deberán acreditar cada 3 meses que persiste a situación que xustificou a suspensión e de non facelo serán expulsados da bolsa.
-Suprímese o último parágrafo onde aparecía o carácter preferente das prolongacións de xornada vinculado ao nomeamento de interinos.STAJ
-Engádese que longa duración será aquela que supere os 3 meses. Queda fixado pola Administración que os períodos de longa duración serán aqueles que superen os 3 meses, podendo facer valer este criterio para a próxima negociación da orde de substitucións.
-Suprímese o parágrafo onde se establecía que a DXX, se o estimaba oportuno, de oficio, podía nomear persoal interino se tiña o seu coñecemento aínda que non houbese petición.
-Establécese que en ningún caso o reforzo superará o prazo de 3 anos. STAJ
-Eliminan que o informe do coordinador sexa vinculante para nomear reforzo.STAJ
-Suprimen o parágrafo que di que ”Tamén cesarán cando cambie a situación xurídica do titular dun posto desempeñado por un interino e proceda a cobertura do dito posto por substitución vertical entre titulares, que se considerará preferente”.
-Os de reserva cesarán antes que os de traballo, no caso de dou o mais interinos do mesmo corpo e no mesmo xulgado. STAJ
-Mantense o límite de 18 meses para establecer a orde de cesamento se coinciden varios interinos, así como os 180 días de servizos para colocarse ao final da bolsa.
-Introducen como novo que os nomeamentos de persoal que estean vixentes no momento de se constituír as novas bolsas, manteranse ata que se produza o seu cese e que se o persoal que cesa forma parte dunha nova bolsa, pasará a ocupar o posto que lle corresponda nesta, de acordo coa puntuación obtida na baremación de méritos. Non pode ir ao final da bolsa ata que traballe pola nova. STAJ

        ALEGACIÓNS MESA TECNICA DE  21/02/2017

Na Mesa de onte as alegacións foron orais e artigo por artigo, desde STAJ fixeronse de novo alegacións a moitos artigos, tanto novos por considerar que non aportan nada bo, como a outros que non se cambiaron e que consideramos se poden mellorar. Como sería moi longo exponer aquí todo artigo por artigo, deixámosvos un resumo xenérico do máis importante:
-Solicitamos que os nombramentos se fagan de novo polas Delegacións e non pola DXX, que coñecen maís de preto a circunstancias dos xulgados.
-Que a bolsa non se prorrogue máis alo de un ano.
- Que se compute a antiguedade desde o ano 92 ou se suba os puntos por mes traballado.
- Que os puntos por exámenes aprobados queden como estaban.
- Que se supriman o limite de 5 anos para a validez dos cursos, e sexan válidos mentras as normas, bases dos mesmos, estén en vigor-
-Tamen cremos necesario un maior puntuación do Galego, que conte como nos concursos de traslado, 4-8 e 12 puntos
-A licenciatura en dereito non debe contar 6 puntos para todolos corpos, propoñemos que para Tramitación e Auxilio conte menos, en concreto 1 e 3 puntos respectivamnte.
-Para o resto de titulos universitarios o mesmo, que conte  máis para Xestión 3 puntos e menos para Tramitación e Auxilio, 1 e 3 puntos respectivamente.
-Propoñemos que o que non elixa a bolsa donde quere quedar, cando se figura en máis dun Corpo ou en mais dunha provincia, se lle coloque pola Admnistración na bolsa do Corpo e da provincia que peor posición teña.
- Que os que esten na bolsa de Letrados da Admnistracion de Xustiza non poidan estar na bolsa de Xustiza e teñan que optar por unha ou por outra,
-Que o curso e o periodo de practicas sexa para os que nunca traballaron en Galicia ou traballasen menos de seis meses nos últimos 5 anos. Que non sexan eliminatorios.
-Que se tramiten con máis axilidad as suspensións e as exclusións.
-Que non se pida informe medico os que tomen posesión nunha praza si non pasaron seis meses dende o cese anterior.
-Que se supriman os 18 meses para determinar quen cesa. Que se determine de forma clara que cesa primeiro o da bolsa de reserva ao da bolsa principal.
-Que o periodo mínimo para ir ao fondo da bolsa pase de 180 días  a un ano para que se poida cóbralo paro.
-Que a falta grave non sexa motivo de cese, nin a desdotación presupuestaria.
-Que o que traballa pola bolsa antiga pase a seu posto na nova cando cesa e non pase o final dunha bolsa pola que ainda non traballou.


IMPORTANTE, ESTO AINDA NON ACABOU, PODER HABER MAIS MODIFICACIÓNS, POÑEDEVOS EN CONTACTO CON NÓS PARA DARNOS IDEAS E ENTRE TODO@S MELLORAR A NORMATIVA.