jueves, 23 de febrero de 2017

Convocatoria Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza

Para o día de hoxe está fixada a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza cos puntos que se van a tratar no orden do día e que foron fixados pola propia Administración sin que nos deran opción a que se poidera incluir proposta algunha sobre temas de interese para o seu posterior debate no mesmo, cousa que non sucedeu na convocatoria para a súa constitución no pasado mes de outubro de 2016, na que a Administración si que permitiu que se propuxeran temas de interese para confeccionar a orden do día.

Conforme ó contido da Acta da anterior reunión faise necesario que a Administración informe sobre as xestións realizadas para a resolución dos seguintes problemas que así se trataron:

- Xestións realizadas sobre a nova ubicación para os Xulgados de Tui.
- Xestións realizadas e o seu resultado respecto á necesidade de que os funcionarios do Xulgado de Paz de Melide poidan dispor de un aseo nas súas dependencias.
- Xestións realizadas e o seu resultado para a nova ubicación do Xulgado de Paz de Ribadeo.
- Visto o resultado da evaluación de riscos psicosociais realizada no Imelga de A Coruña, informe o Servizo de Prevención de Riscos, sobre as medidas que propón adoptar tendo en conta o resultado da devandita evaluación.
- Rehabilitación das fiestras do edificio xudicial de Noia.
-Cando se vai a iniciar a adecuación do espacio asignado na segunda planta do edificio donde se ubican os xulgados de Riveira para archivo e tempo estimado da duración das obras.
- Información por parte do Servicio de Prevención sobre a elaboración dun plan de formación en materia de Prevención de Riscos para todos os funcionarios.
- En canto á seguridade do edificio dos Xulgados de Padrón, información sobre a utilización da alarma que ten instalada e que ninguen utiliza.
- Información sobre as probas realizadas para averiguar por donde se filtra a auga que se percibe por algunas fiestras dos Xulgados do Penal de Santiago de Compostela. 

ver escrito