viernes, 24 de febrero de 2017

Comite de Saúde e Riscos Laborais.

Respecto das avaliacións de riscos e outras actuacións realizadas nos edificios xudiciais das que STAJ solicito varias en escrito presentado o pasado dia 21 deste mes, díxose o seguinte:
- No edificio anexo da A.P. da Coruña, respecto das medidas de seguridade, pénsase instalar un arco e un escáner. 
- No edificio xudicial de Noia onde se filtra auga polas xanelas, a pesar de tratarse dunha obra menor necesitan un proxecto visado polo Concello e a correspondente autorización de patrimonio. 
- Respecto ao baixo cuberta de Riveira, pénsase proceder ao seu amaño pero hai que ver o que se vai a poñer alí posto que ese espazo non pode soportar moito peso xa que non está pensado ese espazo para colocar arquivos. 
- En canto aos Xulgados de Tui iniciaranse as obras este ano e entrará en funcionamento a finais do ano que vén. O Proxecto e será entregado antes do verán para empezar as obras no verán e poida ser rematado para o próximo ano.
- En canto á excesiva calor que se produce no baixo cuberta da A.Pr. de Pontevedra, está previsto climatizar esa zona. 
- Respecto das deficiencias que Staj comunicara en relación coa sala de autopsias do Imelga en Santiago di a Administración que está pendente do informe que, sobre as mesmas solicitouse á súa Directora.  
- En Padrón revisáronse os extintores, o aire acondicionado do Rexistro Civil e ampliouse a luz dos Xulgados con flexos.
- En Corcubión, unha vez presentada denuncia por Staj  ante a Inspección de traballo procedeuse á limpeza dos condutos do aire acondicionado, se procedio á desratización e desinsectización.
- En Ribadeo di a administración que onte houbo unha reunión e que o Concello ten pensado cambiar de instalacións sendo requisito indispensable que as mesmas teñan conexión a Internet.
- Que para arranxar o problema de falta de sanitarios no Xulgado de Paz de Melide, ten que tentalo o Xuíz de Paz co Alcalde.
- Que aínda non localizaron o foco de entrada de auga polas xanelas dos Xulgados do Penal de Santiago .
- Que mirarán os motivos de por que a alarma dos Xulgados de Padrón está inactiva.
- Reposapies e Cadeiras entregaranse paulatinamente tal e como prometeron pero lembráronnos que non teñamos tanta présa porque os orzamentos acábanse de aprobar fai nada.
- Que non houbo ningunha solicitude de adscricións por motivos de saúde desde outubro que, no caso de que as haxa comunicarase a todas as centrais sindicais así como tamén a súa resolución.
Respecto da avaliación de riscos psicosociais efectuada no Imelga da Coruña,  a administración está pendente de que a inspección de traballo remita proximamente un requirimento para poñer en marcha as medidas que se propuxeron polo Servizo de Prevención.
- Respecto das avaliacións de risco psicosociais de Ordes e Santiago, o xefe de Prevención de Riscos estima que son moi difíciles de realizar porque temos integrantes da oficina xudicial que pertencen a outras administración. Polo D.X. di que se hai comportamentos como os que dicimos, é mellor tomar medidas directamente contra esas persoas.

Na celebración do próximo comité presentárase proposta de protocolo de acoso laboral na que se terá en conta o borrador que fixo STAJ.