miércoles, 28 de diciembre de 2016

Mesas técnicas ante a Dirección Xeral de Xustiza

Na pasada mesa sectorial do día  19/12/2016, acordouse ter unha mesa técnica para tratar o tema das prazas de reforzo.  Tendo en conta que tamén se acordou a celebración de mesas técnicas para tratar a modificación da orde de interinos e a de substitucións, -estas últimas van ligadas pois unha incide na outra-, e por tanto considérase oportuno tratar estes temas de xeito conxunto, nunha soa reunión.

Así pois, fíxase a data do 12 de xaneiro para ter a primeira mesa técnica sobre a modificación da orde de interinos e consolidación de reforzos, e donde a Administración explicará as líneas xerais da modificación da orde.

En canto á modificación da orde de substitucións, fíxase a data do 17 de xaneiro para a primeira mesa técnica en relación a este tema.

Antes das datas fixadas a DXX remitirános os textos oportunos. Tan pronto os teñamos os poñeremos á vosa disposición para que fagades as  alegacións oportunas a través dos delegados deste sindicato.