jueves, 1 de diciembre de 2016

A Xunta liase cunha incidencia horaria e engade un día de vacacións.

Onte enterámonos de que a moitos de nós  a Xunta nos aumentou un día mais de vacacións, o motivo según nos explican foi que o pasado día 4 de Agosto caeuse totalmente a rede informática da Xunta, e non se poido fichar,  e a alguén se lle ocurriu que en vez de tramitar o ocurrido coma unha incidencia horaria xeral, decidiu que o Kronos considerase como un festivo ese dìa e descontase a tódolos que estaban a traballar as 7 horas, co gallo de aforrar traballo e non ter que tramitar unha a unha as incidencias horarias de todo o persoal da Xunta de Galicia, incluido Xustiza.

Pero o programa xugoulles unha mala pasada e a aqueles que estaban de vacacións, o considerar que o dia 4 de agosto como un festivo, o propio programa otorgoulles un día máis de vacacións, pois logo da minipulación para  o sistema  o dia 4 de agosto era festivo e non lle contaba como dia hábil.

O problema ven agora que as Delegacoións estan a descontar ese día, ou a non conceder ese día a maiores de vacacións, e no caso de que xa se disfrutara estan a quitar un moscoso ou un dia de acumulación de horas.

En fin.....Vaia chapuza!!!!!!!!