martes, 18 de octubre de 2016

Propostas de STAJ para mellorar os plans de formación do persoal de Xustiza

Recibimos un correo da DXX co fin de que realicemos propostas sobre  actividades formativas a impartir pola EGAP, para o ano 2017. Temos que pensar que a formación dos traballadores da Xustiza beneficia sobre toda propia Administración e o servizo que prestamos, polo que se debe facilitar o acceso os cursos en horario laboral e pagar os desprazamentos.

As nosas propostas van na línea que se seguido expoñemos:

- Toda formación deberían de realizarse de forma que o funcionari@ non vexa como estas actividades afectan á conciliación da vida familiar, debendo realizarse en todo o seu contido en horario laboral.
Hai que terminar cos desprazamentos dos funcionari@s a Santiago, celebrándo as probas en todolas ciudades que conten con tres o mais xulgados. Debense aboar os desprazamentos naqueles casos en que as devanditas probas non poidan celebrarse na localidade de destino do traballador/a.
-  A Dirección Xeral de Xustiza ten que ofertar, ben a través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da oposición para a promoción interna de forma totalmente gratuíta.
Os cursos de linguaxe xurídico e linguaxe  administrativo galego deberán de ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados fóra dela.
Debense ofertar cursos de idiomas como se ofertan para a Administración da Xunta de Galicia (inglés, francés, portugués e alemán).
De forma inminente hai que restituir o permiso dun día para acudir as probas presenciais de aproveitamento.
- Son necesarios cursos e actividades formativas en canto a bases de datos e sistemas operativos cos que traballamos os funcionarios de xustiza.
Cursos sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, sempre con carácter previo a súa entrada en vigor.
Formación presencial do persoal interino e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado doutros territorios que no utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de cambio de xurisdicción.