lunes, 10 de octubre de 2016

Convocatoria do Comité de Saúde Laboral e prazo para alegacións

O próximo día 14 de outubro, é o prazo máximo que a Dirección Xeral de Xustiza dános para enviarlles as alegacións que estimemos oportunas con motivo da constitución do Comité de Saúde Laboral.
Este Comité fai anos que non se reúne e nós levamos tempo reiterando a súa constitución, entre eles: escrito 2 de xunio, escrito 1 de xullo, escrito 4 de xulloescrito 23 de setembro, pois é un organismo importante xa que nel trátanse os temas que afectan a saúde laboral dos compañeiros, tales como as cadeiras onde nos sentamos, o aire que respiramos nos nósos postos de traballo, os expedientes disciplinarios, que últimamente ábrense coma si nada, polos nosos letrados da administración de xustiza... e tódalas condicións que no nóso traballo afectan tanto a nósa saúde física como mental.
Se tendes algunha alegación, tanto xeral do vóso posto de traballo como particular, podedes poñervos en contacto con nós no correo electrónico ou mediante chamadas ós nosos delegados.
Pola nosa banda, ante a falta de resposta  da administración  os escritos presentados, non nos quedou mais remedio que presentar denuncia ante a Inspección de Traballo. escrito denuncia ante a inspección de traballo