No DOG número 193, do 10 de outubro de 2016,
publicouse a Resolución do 28 de setembro de 2016 pola que se convoca unha
actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e
información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores
procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos
xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os
xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios
do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da
Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan os requisitos establecidos na
presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II poden acceder aos
contidos da actividade indicada, sen pasar por un proceso de selección,
inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo: http://egap.xunta.gal/matricula.
A
inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir
do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
e ata o 30 de decembro de 2016.
Unha
vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de
confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades
na aula virtual, no enderezo: http://egap.xunta.gal/aulavirtual.
O acceso aos contidos da actividade do
programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de
avaliación regulada no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse
nela.
O
prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia.
As
solicitudes de participación na actividade formativa só poderán realizarse
mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo
de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As
solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o
proceso de matriculación.