lunes, 12 de septiembre de 2016

CIXTEC contesta o escrito presentado por STAJ referente o retraso no envio das nominas.

O CIXTEC contestou  o escrito presentado por este Sindicato queixandonos do retraso dos correos en que se envían as nóminas, e pedindo unha solución inmediata,  nunha carta maniféstanos o siguinte:

O motivo principal do retraso é que dende o 1  de Xaneiro de 2016 tramitase una nómina adicional a través da cal se fan  os últimos  axustes  cos partes de nómina que entran a última hora e que son  susceptibles de procesar. Manifestando asi mesmo que este retraso non implica o  envio da nómina.

O mesmo tempo manten que se esta a axustar o calendario o máximo para que os empregados públicos reciban por correo a nómina o mais axiña posible.

Remitennos o seguinte calendario de envio por correo electrónico das nóminas, nos meses que restan deste ano 2016:

Agosto 2016         -  30-8-2016
Setembro 2016     -  29-9-2016
Outubro 2016       -  28-10-2016
Novembro 2016    -  29-11-2016
Decembro 2016     - 22-12-2016

Ver escrito presentado por STAJ

Ver resposta do CIXTEC