viernes, 29 de julio de 2016

STAJ volve a denunciar o retraso na recepción das nóminas.

Os funcionarios de Xustiza recibimos, ata hai uns meses, as nosas nóminas no correo electrónico corporativo a partires do dia 26 ou 27 de cada mes, salvo algún retraso en algún mes concreto.
Pero eso mudou a partires do pasado mes de xaneiro, dende entón as nóminas non chegan ata entrado o mes seguinte, por varias veces dous ou tres días despois de comenzado o mes seguinte, cousa que no é de recibo, no entendemos como pasamos, sen máis, a recibir a nomina catro ou cinco días despois de xeito sistemático, e tampouco como non se nos diu explicación algunha. 
Constannos que o persoal que presta servizos no resto das Administracions dependentes da Xunta de Galicia, seguen a recibila súa nómina tres ou catro días antes de que remate o mes, polo que somos o único colectivo a quen a nómina lle chega tarde.
Instamos ao CIXTEC que de xeito urxente arranxe os problemas que puideran existir para que as nóminas dos funcionarios de Xustiza cheguen o correo electrónico corporativo o día 26 ou 27 de cada mes, como se viña facendo ata de agora.
Escrito enviado por fax o CIXTEC