miércoles, 20 de mayo de 2015

Eleccións sindicais xustiza. Solicitude voto por correo.

O vindeiro 18 de Xuño vanse celebrar en Galicia eleccións sindicais para elección dos Órganos de Representación dos funcionarios da Administración de Xustiza en Galicia. Aqueles/as que por diversos motivos(vacacións, permisos, licencias, etc) non poidades votar de xeito presencial ese día, ou aqueles que non vos queirades desplazar ata outra localidade para exercer o dereito ó voto, podedes solicitar xa o voto por correo. O último día para votar por correo é o 11 de Xuño

Tendes que encher a solicitude e facerlle unha copia, levala á oficina de correos para que sexan seladas e levar o DNI. Pasados uns días recibiredes a documentación (papeletas coas candidaturas e sobre para depositar o voto) no domicilio sinalado ao efecto, e debemos depositar o voto no sobre de votación, e este sobre metelo nun sobre maior cunha copia do DNI e certifícalo. Se non se cumpre con estes tramites non terá validez  o voto.

A pesares da solicitude dos Sindicatos, de momento a Xunta non decidiu facerse cargo dos gastos de envio, polo que habería que pagar, se non decide o contrario. Aínda así recomendámosvos que gardedes os tikets dos envios postais, por si acaso.

Deixamos as solicitudes para cada unha das catro provincias galegas.
Solicitude A Coruña
Solicitude Lugo
Solicitude Ourense
Solicitude Pontevedra