lunes, 23 de marzo de 2015

STAJ consegue a sentenza sobre a paga extra en Santiago de Compostela:

Staj conquire unha nova sentenza que devolve a paga extra que o Goberno nos expoliou no 2012. Deixamos a sentenza completa.

Neste caso trátase dunha sentenza moi esperada no Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Santiago de Compostela, que recoñece a totalidade da paga extra e unha parte da paga adicional (dous meses e nove dias), as outras solo recoñecen un mes e nove días, que a converten neste momento, ó ser menguada a sentenza de Ourense polo TSX, na sentenza que máis cartos estima de tódalas que se dictaron en Galicia

Con esta sentenza calquera compañeir@ que este a traballar en Galicia e teña domicilio nesta Comunidade, ou que no 2012 traballou en Galicia, pode pedir a extensión de efectos desta sentenza, dado que foi presentada contra a DXX en Santiago de Compostela e polo tanto é extensible a toda a comunidade autónoma, ao presentarse contra a DXX e decidirse no ambito territorial no que ten a DXX (órgano administrativo común para toda Galicia) a súa sede.

A senteza nace firme, a non ten recurso ordinario, e cremos que non lle afecta o recurso extraordinario que interpuxo a Xunta no mes de septembro de 2014 por ser anterior a esta Resolución, desde xa se pode interpor a correspondente extensión de efectos, cousa a que vos animamos. A Xunta, de pagar algún día voluntariamente, pagará tarde mal e arrastro, e sempre sin intereses.

Ver a Sentenza