miércoles, 25 de marzo de 2015

Ourense: deficiencias do novo edificio xudicial.

Dende hai uns días estase a facer o traslado dos Xulgados ó novo Edificio Xudicial de Ourense, e neste momento están instalados cerca dunha ducia de órganos xudiciais que xa desenrolan a súa labor  na nova infraestructura xudicial.
        
Os funcionarios/as que alí traballan queixanse de falta de luz natural no seu posto de traballo e da pouca luz artificial que teñen dentro das súas oficinas o que dificulta o traballo cos ordenadores e pode xerar problemas de vista por falta de luz adecuada, cousa que ó noso entender vulnera as máis elementais normas de saúde laboral.

A quiexa  é xeralizada con respeto a estes dous temas, cousa que nós mesmos poidemos comprobar in situ, e non entendemos como se plantaron diante  da zona acristalada das oficinas xudiciais lavabos (mamotretos) para os usuarios e profesionais (público), que obstaculizan a entrada de luz natural e de vistas o espazo ocupado polos empregados/as públicos. Lavabos que  poderíanse ubicar noutros espazos da mesma planta máis adecuados e menos perxudiciais para o benestar e a saúde dos traballadores/as.

STAJ presentou un escrito á DXX e máis a Xefatua Territorial para que arranxen estes problemas, pois é moi necesario que no máis breve prazo posible se instalen en cada unha das oficinas xudiciais elementos que aumenten a intensidade da luz artificial, e se retiren os lavabos destinados ós usuarios e profesionais da súa ubicación actual diante da zona acristalada de cada oficina, e se fagan en outras zonas  nas  que non obstrúan o paso da luz natural e as vistas ás oficinas xudiciais.
Ver o escrito presentado