jueves, 5 de marzo de 2015

Consolidación dos 22 reforzos nas Fiscalías de Galicia. Rpts da Nova Oficina Fiscal.

Grazas as xestións realizadas polos delegados de STAJ en Madrid ante determinados órganos do Ministerio, pedindo que se axilizasen os trámites para que informase favorablememte sobre a creación de 22 prazas nas Fiscalías, ocupadas por reforzos. O Ministerio acaba de informarnos que xa contan co seu OK, que en cuestión de días  vanse  publicar no BOE.
O que tamén nos dixo o Ministerio e que nós descoñecíamos, e que non sólo se lle da o “visto e prace” a esas 22 prazas, senón a tódalas RPTS das Fiscalías de Galicia e incluso o todo o proxecto da Nova Oficina Fiscal, cousa que nos confirma a propia Subdirectora Xeral de Persoal.
Sorprendente ter que enterarnos en Madrid, de que a negociación cos Sindicatos presentes na Mesa de Xustiza (SPJ-CIG-CSIF—UGT e CCOO) rematou e que a Dirección Xeral mandou xa fai tempo o texto definitivo (texto que a día de hoxe descoñecemos) para a que se aprobase en Madrid, sen que ningún Sindicato o publique, porque saber tíñano que saber.
Polas Organizacións Sindicais tampouco se lles dixo os traballadores/as, si as negociacións remataron con ou sen Acordo, e no caso de haber Acordo si foi total uo parcial, nin en que data se deron as negociación por rematadas. Para máis confusión, o sindicato SPJ-USO, nunha Nota Informativa difundida a primeiro do mes pasado, respeto das RPTs de Fiscalia,  di textualmente:” Como en el resto de temas de importancia de la Dirección Xeral, está parado.” De verdade non sabían que as negociaións estaban rematas e que se enviaba o texto para aprobación definitiva ao Ministerio?.
Para que salgan neste Concurso esas 22 prazas, primeiro teñen que publicarse no BOE e no DOG, despois hai que facer o proceso de Acoplamento, e despois mandar as prazas vacantes para o Concurso, aínda hai tempo, o Concurso non se publica ata finais de abril ou primeiros de maio, pero a Dirección Xeral ténse que pór as pilas unha vez publicadas as RPTs no BOE e  no DOG para facer o  acoplamento no máis breve prazo posible.
Onte mesmo remitimos escrito por fax a DXX para que axilice os trámites e o proceso de acoplamento se faga sen demora e con tempo suficente para estar rematado antes do Concurso.
Ver escrito enviado a DXX