miércoles, 28 de enero de 2015

Devolución do 12,5% da paga extra de 2012

No día de hoxe recibimos un email coa nómina de xaneiro na que se recollen as cantidades da devolución da paga extra do 2012, esas cantidades non se corresponden co 12,5% que anunciou a Xunta que nos ía devolver.

Nas nósas pagas extras devemos de diferenciar dous conceptos:

1.- Paga extraordinaria que está composta por unha mensualidade do soldo (xestión 1108, tramitación 911 e auxilio 826 euros), unha mensualidade dos trienios máis o antigo complemento de destino que sólo se cobran nas pagas extras e o que lle corresponden por corpos (xestión 364, tramitación 329 e auxilio 276).

2.- Paga adicional que está composta por unhas cantidades de 399 para xestión, 348 para tramitación e 326 para auxilio. 

Para saber qué cantidades nos tiñan que pagar nesta nómina, temos que comparar a nómina de xuño de 2012 que debería ser idéntica a de decembro,  -pois nese espazo de tempo non houbo modificacions nas nosas retribucións-, e compararlas e dividir tanto a paga extraordinaria como a da paga adicional entre 8 e así sabremos o 12,5% de cada unha das cantidades.

Na maioría dos casos non se corresponden as cantidades que debíamos cobrar cas cantidades que nos deron, sobre todo na paga adicional que é unha cantidad moito menor da que nos tiñan que pagar. 

A Xunta e Feijoo non saben botar contas ou seguen enganándonos.