viernes, 18 de mayo de 2018

COMPROMETIDOS CO PODER PESE A QUEN PESE.

Tras 101 días de folga na xustiza galega e despois de todo o acontecido na suposta negociación coa Xunta polas reunións mantidas por detrás de catro organizacións sindicais,  informamos que o acordo que se pactou durante meses ás agachadas foi validado no día de hoxe polos SPJ-USO, UXT e CC.OO, o sindicato CSIF visto que nono necesitaban decidiu non asinar a ultimísima hora.

Estas tres organizacións (SPJ-USO, UGT e CC.OO) usan como excusa a posibilidade de que a Xunta, se non firmase ninguén, iba a retirala oferta que estaba xa prenegociada con eles, nin na reunión do martes, nin en nengunha declaración nos medios a Xunta dixo tal cousa, o unico que dixeron foi que se ninguén firmaba " terián a  liberdade de facelo que lle convira mais o servizo publico, sen estar atados por compromisos cos sindicatos". 

Que non veñan agora de salvadores de nada, a Xunta iba a aplicar esa oferta "sí ou sí", eso sí, non podería vender a opinión pública que foi por Acordo cos Sindicatos que era o seu proposito, e para botarlle unha man nese eido  os tres salvadores non dubidaron en acudir prestos na súa axuda, olvidando polo camiño o volvelo a pasar a votación de todos/as, tal como lle ordenou Rueda.

Non nos salvaron a nós, salvaron a Xunta de ter que dar explicacións por que ninguén lle asinaba o súa oferta preacordada, sendo a mellor posible. Oferta, que resulta, que na primeira reunión da Xunta cos mestres, que tamén piden a equiparación, xa lles ofrece o mesmo que nos está dando a nós. Veremos canto quitan na segunda reunión.

Nestes tres diarios Rueda di o seguinte con respeto a si a Xunta retiraría a sua oferta:

En todo caso, preguntado acerca de si el Gobierno gallego se plantea dejar sin subida alguna a este colectivo, el vicepresidente ha replicado que "no" y ha recordado que precisamente lo que se planteó en la mesa sectorial de este martes es una oferta que incluye incrementos salariales. "Lo que queremos es que sean efectivas y que se empiecen a aplicar cuanto antes", ha esgrimido.


20minutos.es
lavanguardia.com
galiciapress.es

Deixámosvos as noticias de prensa de última hora relacionadas coa firma do acordo:




La huelga de la Justicia gallega cumple 100 días con un ultimátum de la Xunta

La huelga de los funcionarios de la Administración de Justicia de Galicia cumplió ayer 100 días con un ultimátum de la Xunta encima de la mesa, que ha dado de plazo hasta hoy a las 14.00 horas para aceptar su oferta. El paro indefinido que empezó el pasado 7 de febrero cumplió 100 jornadas naturales consecutivos, a los que hay que sumar otras tres en los meses de diciembre y enero. 
La Xunta planteó el pasado martes en la mesa sectorial que al menos uno de los sindicatos dé el visto bueno a la oferta que el vicepresidente gallego, Alfonso Rueda, negoció con SPJ-USO, FESP UGT, CSIF y CCOO al margen del resto de integrantes del comité de huelga: Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ y CIG.

Facultativos y Ayudantes de Laboratorio: Fechas probables primer examen

El Ministerio de Justicia está barajando como fechas posibles de los exámenes de las oposiciones a los cuerpos especiales de la Administración de Justicia las siguientes:

- Ayudantes de Laboratorio: 4 de junio de 2018.
- Facultativos: 25 de junio de 2018.

Hay que insistir en que son fechas provisionales, el compromiso del Ministerio era hacer los exámenes antes del verano en ambos cuerpos. En el caso de Ayudantes de Laboratorio, los dos ejercicios se celebran el mismo día, en el caso de Facultativos el primero se haría en la fecha indicada y los restantes exámenes se realizarían ya después del verano.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Tramitación T.Libre. Plantillas provisionales de respuestas

En la página del Ministerio de Justicia se ha publicado las Plantillas provisionales de respuestas válidas correspondientes al primer ejercicio.


Plantilla Provisional Test TRA-Libre 2018 16 de mayo_Modelo B

AUXILIO JUDICIAL - PUBLICADA EN LA PÁGINA DEL MINISTERIO DE JUSTICIA LA RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS Y EXCLUIDOS

En la página del Ministerio de Justicia se ha publicado la Relación definitiva de admitidos y excluidos para ingreso en el Cuerpo de Auxilio Judicial, así como los motivos de las causas de exclusión.

Últimos chamamentos de interinos

No día de hoxe saíron publicados no OPAX chamamentos de persoal interino para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

-Xulgado Instrución nº 3 de Ferrol
   Corpo de Tramitación
-Xulgado Primeira Instancia nº 3 Santiago de Compostela
   Corpo de Xestión

OURENSE

-Xulgado mixto nº 1 Xinzo de Limia
   Corpo de Tramitación

PONTEVEDRA

-Xulgado Cont-Advto nº 1 de Pontevedra
   Corpo de Xestión
-Xulgado mixto nº 3 Vilagarcia de Arousa
   Corpo de Tramitación
-Xulgado mixto nº 3 de O Porriño
   Corpo de Tramitación
-Xulgado mixto nº 2 de O Porriño
   Corpo de Tramitación
-Xulgado mixto nº 3 de Cambados
   Corpo de Auxilio

CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLA ACTITUDE DA XUNTA

CONCENTRACIÓN EN FERROL 

CONCENTRACIÓN NA CORUÑA
  

CONCENTRACIÓN EN PONTEVEDRA
 

CONCENTRACIÓN EN VIGO

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

Publicáronse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 15 de maio de 2018.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de lle corresponder máis dunha das prazas, será a recollida na solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación

A TIRANÍA DE RUEDA NON COÑECE LÍMITES


lunes, 14 de mayo de 2018

A Xunta convoca unha Mesa Sectorial



Lista definitiva de admitidos y excluidos y convocatoria ejercicio Auxilio Judicial

Cuerpo de Auxilio Judicial de la Administración de Justicia

Publicado en el BOE de hoy, se confirma oficialmente la celebración el día 26 de mayo de 2018, a las 10:00 horas (9:00 horas en Canarias).

Orden JUS/488/2018, de 7 de mayo, por la que se aprueba la relación definitiva de admitidos y excluidos y se anuncia fecha, hora y lugar de celebración del primer ejercicio del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Auxilio Judicial de la Administración de Justicia, convocado por Orden JUS/1164/2017, de 24 de noviembre.


Mugeju. Asistencia sanitaria privada en el extranjero 2018

MUGEJU tiene contratado un servicio gratuito que puede utilizar cualquier mutualista con independencia de la compañía sanitaria a la que esté adscrito. , Este servicio está  cubierto por la compañía Caser y puedes utilizarlo gratuitamente aunque pertenezcas a Asisa, Adeslas o cualquier otra. 

sábado, 12 de mayo de 2018

POSIBLE REUNIÓN COA XUNTA

Que mentres estea convocado o paro, o Comité de Folga é o órgano de negociación adecuado é algo que está fora de discusión. Non só dispono a normativa reguladora do dereito de folga, senón que niso coinciden todas as organizacións sindicais de xustiza, excepto UXT, en declaraciones feitas aos medios de comunicación:

“En primeiro lugar, o presidente do comité de folga, (SPJ-USO), defendeu que o órgano de negociación é o que o preside tendo en conta que "está a folga vixente". Con todo, recoñeceu que o seu sindicato "non rexeitará acudir a ningunha mesa". "No momento no que estamos válenos calquera foro para falar pero o seu é o comité de folga, constituído legalmente", sinalou.

Pola súa banda, (Alternativas  na  Xustiza- CUT) asegurou que sería unha "ilegalidade" negociar neste órgano mentres estea a folga convocada e avanzou que levará o asunto aos servizos xurídicos do seu sindicato. Un aspecto no que profundou CIG, que subliña que "non sería legal tratar calquera punto dos reivindicados polo comité nunha mesa sectorial". "Sería unha fraude de lei", incide.

"PECHE", NO COMITÉ

"Nós celebramos que a Xunta nos chame pero cremos que a mesa sectorial non é o foro adecuado. Se nos convocan, iremos; pero o peche da folga ten que producirse no comité", apuntou o portavoz de  STAJ.

Pola súa banda, tal e como explicou, CSIF levará a petición da Xunta a asembleas internas. Con todo, lembra que esta organización asumiu o non dos traballadores á oferta actual da Xunta e continúan no comité.

Ademais, aínda que non está presente nel, CC. OO. tamén recoñeceu que lle corresponde ao "comité" pechar o conflito que, a xuízo de Constantino Novoa, "ten que terminar dunha vez". "Se é unha mesa sectorial iremos pois somos membros de pleno dereito e, se optasen por chamar ao comité, e se nos convidan a ir, estaremos nel", sinalou antes de incidir en que "a folga non pode estar suspensa sine die".

En concreto, no comité de folga están representados neste momento  SPJ-USO, Alternativas  na  Xustiza- CUT, UXT,  STAJ,  CISF e CIG, tendo en conta que CC. OO. manifestou esta semana a súa vontade de abandonar este órgano”

noticia completa en europapress.es
noticia completa en galiciaconfidencial.com


STAJ quere deixar claro que se esta semana somos convocados a mesa sectorial, inda sabendo que non é o foro adecuado e que o peche final ten que producirse no comité, acudiremos e participaremos nela, como non pode ser doutro xeito, co obxectivo de tentar finalizar o conflito canto antes e esperando que a Xunta acuda con intención clara de negociación nos dous puntos que neste momento céntrase o desacordo.

Agora ben, se tal como manifesta Alfonso Rueda aos medios de comunicación “La Xunta acudirá al encuentro con la misma oferta que los funcionarios rechazaron el 27 de abril en votaciones, pues Rueda explicó que ya fue "negociada" en su momento, en reuniones en las que participó personalmente al margen de los focos con representantes de SPJ USO, FeSP UGT, CSIF y CCOO”, entenderemos que convocarnos á mesa sectorial sería innecesario posto que o acordo podería ser aprobado pola Xunta de Galicia e eses catro sindicatos que alcanzan a maioría da representación sindical. Por tanto demandamos que na devandita mesa sectorial haxa unha verdadeira negociación e non unha mera representación formal de algo xa pactado no que  STAJ non participou e que en absoluto compartimos.

noticia completa en abc.es

viernes, 11 de mayo de 2018

Os medios informan da posible convocatoria de mesa sectorial para a semana que vén

Como noutras ocasións fixo, a Xunta de Galicia informa antes os medios de comunicación que aos propios traballadores das intencións e convocatorias que pretenden activar. Novamente no día de hoxe os medios de comunicación chámannos para comunicarnos que a Xunta pretende convocarnos a mesa sectorial para a resolución final do conflito na xustiza galega.

A convocatoria a mesa sectorial supoñería unha clara e grave vulneración da lexislación vixente e reguladora do dereito de folga (Real Decreto-Lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo) que dispón no artígo 8 que "Desde o momento do preaviso e durante a folga, o comité de folga e o empresario, e no seu caso os representantes designados polos distintos comités de folga e polos empresarios afectados, deberán negociar para chegar a un acordo,....".

Por tanto se a Xunta quere poñer fin ao conflito e facelo de forma legal debe convocar ao Comité de Folga, único interlocutor válido mentres a folga estea convocada, con independencia de que algún membro decidise abandonalo.
Deixamos algunhas ligazóns das últimas noticias

Adaptación que NON desconvocatoria

Queremos aclara-la situación na que nos encontramos dende o martes 8 de maio, día no que se reuniu o Comité de Folga en Ourense, reunión a que asistiron os sindicatos SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ e CIG, despois de que as organización sindicais CSIF, UGT e CCOO reixeitasen acudir, facendo unha vez máis gala da súa irresponsabilidade para con todos/as vos.

Nesa reunión NON se acordou a desconvocatoria da folga e por tanto a folga segue viva, polo menos os seus efectos, que creemos seguen mantendo a presión sobre a Xunta para que se reuna co Comité e se alcance un Acordo que remate co conflito canto antes.

A Xunta nesta situación non pode vender o remate do conflicto, o traballo non se está a recuperar, seguen obligados a nombrar a case 750 persoas de servizos mínimos e o Comité de Folga segue vixente sendo o único competente para acordar a desconvocatoria e para negociar o posible Acordo.

Con esta presión, a coste cero no ámbito económico, queremos que a Xunta nos chame canto antes para negociar a mellora da oferta que xa foi rechazada na votación do pasado dia 27 de abril. Esta mellora é posible, pois están xa moi cerca as posicións  duns e  doutros, e é necesaria para que o acordo sexa aceptado, esa vontade  se expresou polo colectivo nas votacións rechazando o preacordo que se lles presentou por catro sindicatos.

Na situación actual a negociación non se pode levar nunha Mesa Sectorial, pois ao estar a Folga en vigor solo pode negociarse co Comité de Folga, dio a Lei, teña os membros que teña, e solo o Comité pode desconvocala por maioria, acordo que debe ser notificado a Xunta para ter efectos legais, cousa que non se produxo.

Ainda que a Xunta sabe todo isto, leva días desacreditando ao Comité como órgano de negociación e como órgano de representación en caso de Folga, apoiada por tres Sindicatos, CSIF, UGT e CCOO, que solo están pendentes de cumprir cos compromisos oscuros  que teñen coa Xunta, deixando de lado o compromiso e a lealdade que deben oas funcionarios/as, nese sentido en vez de traballar por mellorar a oferta da Xunta, traballan en axudarlle a que non melloren unha coma da oferta que non foi avalada polo colectivo. Non vaia ser que ese Preacordo non fose o mellor do mundo, como venderon, e máis vendo como noutros territorios alcanzaron acordos económicos que superan ese preacordo e sen ningún día de folga. As melloras que seguimos a reclamar son perfectamente asumibles pola Xunta de Galicía, non é certo que sean ilegais, xa forón postas en practica noutros territorios, pero como sempre o goberno galego négase a aplicalas ou asumilas, tamén os outros sindicatos terán que explicar porque se desentenden delas e non traballan para alcanzalas.

Na situación actual podemos facer folga cando nos interese, estando protexidos pola súa NON desconvocatoria. Tamén cando sexamos nomeados de servizos mínimos podemos facer só os servizos mínimos correspondentes sen que ninguén nos poida obrigar a outra cousa.

jueves, 10 de mayo de 2018

Contactos dende o comenzo da folga.

El director xeral de Xustiza, Juan José Martín, aseguró ayer que los puntos que provocan la continuidad de la huelga de la Justicia gallega, que según él solo son la cláusula de revisión salarial y el plan de recuperación del trabajo, “no están en los puntos del mandato parlamentario”, que desea cumplir “lo más rápido posible”.
En su intervención, desveló que la Xunta mantuvo “desde el mes de febrero contactos, a veces discretos, con todo el mundo que quiere contactar o se deja contactar”, en referencia a las reuniones que posteriormente, según dijo el vicepresidente, Alfonso Rueda, existieron con representantes de SPJ-USO, FeSP UGT, CSIF y CCOO, mientras quedaron al margen Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ y CIG.

Ver diariodeferrol.com

RUEDA O BÁRBARO

Hai que felicitar de corazón a Alfonso Rueda, o vicepresidente do goberno galego. Non se poden destruír máis cousas en menos tempo e de xeito máis eficiente para conseguir absolutamente nada. Había rumores, pero xa é oficial. Por onde pasa o vicepresidente non volve medrar nin a herba, nin nada. Dende Conan o Bárbaro, non se tiña visto un poder de destrución comparable a este lado de mundo.
Na súa bárbara xestión do conflito da Xustiza todo son desgracias. Os máximos responsables políticos da xustiza e da negociación colectiva na función publica quedan desautorizados e queimados como negociadores. Os traballadores da Xustiza, que eran un corpo unido con interlocutores claros con quen negociar, agora comparecen divididos e enfrontados e sen interlocutores claros con quen pactar como recuperar o máis eficazmente posible o tempo e os danos causados. Os xulgados seguen asfixiados polo retraso e o bloqueo pero agora, ademais, quedamos sen axentes representativos  con quen acordar unha estratexia de axilización e desbloqueo.
Milleiros de cidadáns foron severamente castigados polas consecuencias dunha folga que aínda ninguén foi quen de explicarnos por que durou tres meses, moito menos vimos a ninguén asumir a responsabilidade por terse alongado de maneira tan irracional.  Milleiros de cidadáns seguirán castigados polo ano e pico de retrasos extra que nos queda para volver ós retrasos habituais; e todo isto sen contar sequera os milleiros de euros gastados para que na TVG ou na Voz de Galicia o vicepresidente sempre fora o bo e o guapo e os sindicatos foran os feos e os malos.
A cambio de tan monumental balance de danos, Rueda, o Bárbaro, pode exhibir as cabezas de dous presidentes do comité de folga e o impresionante éxito de empezar ofrecendo noventa euros e acabar firmando por case un 70% máis. En calquera empresa privada, desas que tanto gustan falar e nas que tanto lles gusta traballar aos cargos Populares cando deixan, segundo eles, de palmar pasta no servicio público, xa faría semanas que estaría despedido por tóxico para os activos da empresa e por incompetente na xestión de conflitos.
Aquí foi unha vez ó Parlamento a dar explicación e di que non volve porque xa estivo e non lle gusta repetir visitas turísticas, aínda que sexa a institución que presenta ós milleiros de galegas e galegos que van pagar no seu lombo e coa súa carteira as consecuencias dunha folga que non soubo amañar. Visto un parlamento, vistos todos; ese é o lema de Alfonso Rueda, o Bárbaro, mentres xa se prepara para a seguinte desfeita.

O PP quedase solo no Parlamento.

BNG e En Marea acusan o Partido Popular de tentar "criminalizar" o paro e o PSOE denuncia "falta de interese" en solucionar o conflito.

Todos os grupos da oposición coincidiron ao censurar que a "primeira iniciativa" que o PPdeG leva á Cámara "en catro meses" sobre o conflito na Xustiza non inclúa ningunha proposta de solución.
En primeiro lugar, Luís Bará (BNG) acusou ao PP de "manipular e mentir" con "absoluto descaro". Así, asegurou que son os traballadores os que teñen o dereito a decidir se o acordo cumpre as súas reivindicacións. "Non conseguiron gañar a votación e por iso agora teñen este espírito de vinganza", sinalou antes de responsabilizar o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que "o conflito aínda non estea solucionado".
Pola súa banda, a socialista Patricia Vilán afeou aos populares que "non presentasen nin unha soa iniciativa relativa ao conflito na Cámara" a pesar de ter a capacidade de presentar proposicións non de lei de carácter urxente. "Demostran que non lles interesa nin o conflito nin a xustiza", incidiu.
Despois dela, Carmen Santos (En Marea) censurou que o Goberno galego estea "máis preocupado" de "terxiversar os motivos da folga" e "criminalizar" para tapar o fracaso de Alfonso Rueda, que de "solucionar o conflito". "Vostedes tentan responsabilizar aos que loitan polos dereitos laborais. Deberían tomar conciencia de que unha administración se non funciona supón un dano para toda a cidadanía", apuntou.
Fonte: galiciaconfidencial.com

MUGEJU: Cotizaciones

No BOE do martes 8 de maio publicouse a Orden JUS/464/2018, de 24 de abril, pola que se regula a base de cotizacióna determinación da cuota e o procedimento de ingreso das cotizaciones dos mutualistas á Mutualidad General Judicial.

miércoles, 9 de mayo de 2018

Últimos chamamentos de persoal interino.

No día de hoxe saíron publicados no OPAX chamamentos de persoal interino para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

-Xulgado Primeira Instancia nº 12 A Coruña
   Corpo de Auxilio
- Xulgado do Penal nº5 A Coruña
   Corpo de Tramitación
- Xulgado do Contencioso nº1 de Ferrol.
   Corpo de Tramitación
-Xulgado de Instancia nº3 de Santiago.
   Corpo de Xestión
-Xulgado de Penal nº 1 de Santiago.
   Corpo de Auxilio.

OURENSE


-Xulgado de Instancia nº 3 de Ourense
   Corpo de Auxilio

PONTEVEDRA

-Xulgado mixto nº 1 O Porriño
   Corpo de Tramitación.
- Xulgado mixto nº3 de O Porriño
   Corpo de Tramitación.
- Xulgado mixto nº 1 de Ponteareas
   Corpo de Tramitación
- Xulgado do Penal nº3 de Pontevedra
   Corpo de Auxilio

sábado, 5 de mayo de 2018

88 dias de loita reivindicativa reflectidos na prensa.

A nosa historia reivindicativa pasou, pasa e seguirá pasando polo tenaz convencemento de que non podemos abandonar o camiño que iniciamos guiados por un palpitante son de todas as vontades de centos de compañeiros que apoiaron incondicionalmente un único obxectivo: " Non á discriminación laboral na Xustiza Galega". O cansazo de tan longa loita non implica que esta vaia ser abandonada e, a debilidade que agora se nos presume tampouco implica o desmembramento daquela fe compartida por todos os funcionarios da xustiza galega que saímos á rúa reclamando ben alto polos nosos dereitos.

A intensidade das nosas mobilizacións permanecerán no mesmo lugar que ocuparon aquel día en que todos decidimos espertar da pasividade en que nos tiña sumida e da situación marxinal na que desde sempre nos colocou esta administración.

Xa van 88 dias de folga e, cada un deles tivo a súa especial repercusión nos diferentes medios de comunicación, e como non podía ser menos, hoxe tamén reflectimos algunhas das noticias que pretenden cos seus diferentes estilos, contar a nosa actualidade.



      • Europa Presss
      • Faro de Vigo
      • La Vanguardia
      • El Ideal Gallego



viernes, 4 de mayo de 2018

Van 87 dias de folga e así o recolle a prensa


Hoxe cumprimos 87 días de dura loita polos nosos dereitos. A forza daqueles primeiros días segue intacta nos corazóns de cada un dos folguistas que descubriron un novo espertar ás súas reivindicacións, pero... o camiño foi e segue sendo moi longo e escabroso. Como cada día, aquí tendes os enlaces das noticias que reflexan o noso conflito, con elas non só se pretende informar de todo o acontecido, tamén constitúen un claro expositor de tantos e tantos sentimentos que todos levamos dentro e que a prensa recolle como sempre á súa maneira pero que indubidablemente forman parte do noso día a día dende aquel famoso 7 de febreiro onde todos xuntos fixemo-lo camiño.


E ademáis publicouse o seguinte:


COMUNICADO DE LA JUNTA DE GOBIERNO 

La Junta de Gobierno ha acordado crear un canal para comunicar las incidencias derivadas de la situación de huelga en la Justicia 

  •  A través de una cuenta de correo electrónico, los colegiados pueden comunicar las incidencias derivadas de la huelga en la Justicia
  • Los datos servirán para llevar un registro de incidencias. 

4/5/2018.- Entre las medidas anunciadas en la Asamblea Informativa celebrada el pasado  viernes 27/4/2018, está la creación de un canal para que los colegiados puedan comunicar las incidencias derivadas de la situación de huelga en la Justicia (suspensiones, incumplimientos de servicios mínimos, etc.) 
Los datos extraídos pueden servir para mantener un registro de incidencias, obtener datos estadísticos y controlar los perjuicios causados.

La cuenta de correo electrónico habilitado es: administrador@icacor.es



Mutualidad General Judicial

En el día de hoy, sale publicada en el BOE la resolución de fecha 18 de abril de 2018 de la Mutualidad General Judicial, sobre delegación de competencias en:

  •  la Secretaria General
  • en la jefatura de Area al cargo de la admon. financiera y contabilidad de este Organismo
  • en la consejería  Técnica al cargo de la afiliación, cotización y recaudación
  • en la Jefatura al cargo de las prestaciones económicas
  • en la Jefatura al cargo de las prestaciones de farmacia
con el objetivo de imprimir una mayor agilidad y una adecuada fluidez en el desarrollo de la Gestión de la MUGEJU .

miércoles, 2 de mayo de 2018

Últimos chamamentos de interinos


No día de hoxe saíron publicados no OPAX chamamentos de persoal interino para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:

A Coruña

  • XDO. DE PAZ ARTEIXO 
    • Corpo de Xestión
  • XDO.PRIM.INST.N. 4 A CORUÑA
    • Corpo de Tramitación
  • XDO. DO SOCIAL N. 1 SANTIAGO DE COMPOSTELA
    • Corpo de Auxilio
  • T.S.X. SALA CONT-ADTVO. A CORUÑA
    • Corpo de Auxilio

Lugo

  • XDO.PR.INST.E INSTR. N. 1 BECERREA
    •  Corpo de Auxilio

Pontevedra

  • XDO.PRIM.INST.N. 3 PONTEVEDRA 
    • Corpo de Tramitación
  • XDO. INSTRUCION N. 3 VIGO
    • Corpo de Tramitación
  • FISCALIA DE AREA VIGO
    • Corop de Auxilio